A sede do Congreso AE-IC 2026
Pontevedra, cidade da cultura e da comuncación
Pontevedra é unha cidade recoñecida polo seu modelo urbano sostible, a súa aposta pola mobilidade peonil e a calidade dos seus espazos públicos. Cun casco histórico de gran valor patrimonial e unha intensa vida cultural, constitúe un contexto idóneo para a celebración de encontros académicos e científicos.
A cidade ofrece unha ampla oferta de servizos, aloxamento e espazos culturais, así como un entorno accesible e acolledor para as persoas asistentes ao congreso.