A cidade de Pontevedra acollerá do 19 al 22 de mayo a décima edición do Congreso AE-IC. A Asociación España de Investigadores en Comunicación

A Universidade de Vigo será a sede do próximo Congreso da AE-IC, que terá como eixo temático “Comunicar na incerteza” e que porá o foco sobre os grandes cambios no ámbito da Comunicación desde o punto de vista da investigación académica, a transferencia do coñecemento e o compromiso social dos investigadores e investigadoras.
O programa contemplará mesas temáticas directamente vinculadas coas seccións e grupos de traballo da AE-IC, contando cunha presenza especial da investigación en Publicidade e Relacións Públicas, como estudos que se imparten de forma exclusiva neste centro dentro da comunidade autónoma galega. A chamada á participación, mediante a presentación de comunicacións nas distintas mesas, publicarase no mes de xuño. As achegas serán sometidas a avaliación por pares e poderán ser defendidas de forma presencial ou virtual durante as datas do Congreso.
Sede do congreso AE-IC
O evento celebrarase do 19 ao 22 de maio no Campus CREA (Campus de especialización en Creatividade), situado en Pontevedra e que conta cun privilexiado entorno nunha cidade caracterizada pola comodidade e a adaptación peonil. A organización do evento xa está a traballar en convenios específicos cos hoteis da zona para ofrecer prezos vantaxosos ás persoas asociadas, así como en actividades sociais que permitan, ademais de participar no evento académico, gozar da contorna.
O transporte cara a Pontevedra está garantido con posibles voos aos aeroportos de Vigo (30 min) ou Santiago (50 min), ademais de ligazóns por tren de alta velocidade ou autobuses que cobren rutas entre capitais. Tamén existen boas conexións co aeroporto do Porto, con enlace directo en autobús ata Pontevedra (2 horas). A información detallada estará dispoñible na web do Congreso nos próximos meses.
Desde a organización estase a traballar para facer deste evento unha cita agradable e manter o elevado nivel académico das edicións anteriores, o que permite constatar a importancia da AE-IC como referente da investigación en comunicación no noso país.